Óscar á mellor actriz

From Wikipedia, the free encyclopedia

Óscar á mellor actriz
Remove ads

O Óscar á mellor actriz é unha das categorías dos Premios Óscar que cada ano entrega a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas nos Ánxeles. Entrégase a unha actriz que tivese unha interpretación nun papel principal na industria do cinema. Tradicionalmente, o premio é presentado polo gañador do Óscar ao mellor actor na edición anterior.

Datos rápidos Datas e cronoloxía, Características ...

A cerimonia da 1ª edición dos Óscar tivo lugar en 1929, e nela Janet Gaynor gañou o permio polas súas interpretacións en 7th Heaven, Street Angel e Sunrise.[1] Actualmente, as candidaturas determínanse mediante voto singular transferible entre os membros da rama de intérpretes da Academia. As gañadoras elíxense mediante voto plural entre todos os membros con dereito a voto da Academia.[2] Nas primeiras tres edicións dos premios, as actrices eran candidatas por todo o seu traballo durante o período (ata por tres filmes nalgúns casos).[3] Porén, durante a 3ª cerimonia, de 1930, só se citou un filme no premio final, aínda que a gañadora tivese varios filmes na candidatura.[4]

O ano seguinte, o sistema, complexo e pouco manexable, foi substituído polo actual, en que unha actriz é candidata por unha interpretación específica nun único filme.[3] A partir da 9ª cerimonia, de 1937, a categoría limitouse a cinco candidaturas.[3] Unha actriz foi candidata postumamente, Jeanne Eagels.[5]

Remove ads

Galardoadas por ano

Thumb
Janet Gaynor foi a primeira gañadora da categoría polas súas interpretacións en 7th Heaven (1927), Sunrise: A Song of Two Humans (1927) e Street Angel (1928).
Thumb
Katharine Hepburn ten o récord de vitorias na categoría polos seus papeis en Morning Glory (1933), A que non sabes quen vén cear esta noite? (1967), The Lion in Winter (1968) e On Golden Pond (1981).
Thumb
Frances McDormand, gañou o premio en tres ocasións: 1996, 2017 e 2020
Thumb
Claudette Colbert foi a primeira actriz nada en Europa que gañou o premio, por It Happened One Night (1934)
Thumb
Bette Davis gañou dous premios de dez candidaturas por Dangerous (1935) e Jezebel (1938).
Thumb
Luise Rainer foi a primeira persoa en gañar dos premios consecutivos de interpretación, por The Great Ziegfeld (1936) e The Good Earth (1937). Gañounos con 27 e 28 anos, converténdoa na gañadora de dous Óscar máis nova.
Thumb
Sophia Loren gañou polo seu papel en Dúas mulleres (1961), converténdose na primeira persoa en gañar por unha interpretación en lingua non inglesa.[6]
Thumb
Con dezasete candidaturas, Meryl Streep é a muller máis veces candidata nesta categoría, gañando dúas veces, por Sophie's Choice (1982) e The Iron Lady (2011).
Thumb
Con vinte e un anos, Marlee Matlin converteuse na máis nova, e única actriz xorda en gañar, por Fillos dun deus menor (1986).
Thumb
Con 80 anos, Jessica Tandy é a actriz de máis idade en gañar nesta categoría, por Paseando a Miss Daisy (1989).
Thumb
Halle Berry gañou por Monster's Ball (2001), converténdose na primeira e única actriz negra que gañou nesta categoría.[7]
Thumb
Marion Cotillard gañou por interpretar a Édith Piaf en La Môme (2007), converténdose na primeira persoa en gañar por un filme en francés.
Thumb
Natalie Portman, Óscar
á mellor actriz en 2010.
Thumb
Sandra Bullock, Óscar
á mellor actriz en 2009.
Thumb
Helen Mirren, Óscar
á mellor actriz en 2006.
Thumb
Reese Witherspoon, Óscar
á mellor actriz en 2005.

Indícase en letra grosa as galardoadas que obtiveron o premio en máis dunha ocasión.

Máis información Ano, Gañadora ...
Remove ads

Múltiples candidaturas

As seguintes actrices obtiveron polo menos catro candidaturas ao Óscar á mellor actriz:

Remove ads

Récords de idade

Máis información Récord, Actriz ...

Galería

Ademais de Katharine Hepburn (4 premios), Frances McDormand (3 premios), Luise Rainer, Bette Davis e Meryl Streep (2 premios), as seguintes actrices gañaron o Óscar á mellor actriz en dúas ocasións:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads