Emilio Mosteiro

escritor madrileño From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Emilio Mosteiro Fernández, nado en Madrid nos comezos do século XX e finado na mesma cidade a comezos da década de 1970, foi un poeta que Ricardo Carballo Calero encadra no grupo dos Novecentistas [1].

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

Traxectoria

Foi un poeta e diplomático de ascendencia madrileña que viviu en Santiago de Compostela de 1924 a 1936[2].

En Ancla (1923-1925) (1926), escrito en castelán, hai un remate a xeito de Gharcha no poema "Morriña", que lembra o vangardismo de Manuel Antonio:

O derradeiro ronsel
morría no vermouth[3]

En Poemas sincopados (1926-1929)[4] (1929) a sección "Alalás" está en galego. Son trece textos en versos octosílabos, os máis breves de tres unidades, a xeito de cantares de soidade, e os máis longos de sete versos. Todos estes poemas son dun imaxinismo hilozoísta combinando elementos amorosos e paisaxísticos[5]. Estas breves composicións son variantes dun mesmo tema: a amada rodeada do medio galego de mar, rías e choiva. Nelas limítanse a amplifícanse as imaxes vangardistas[6].

Ademais neste libro válese dunha técnica e temática propias da creación musical e está significativamente dedicado ao musicólogo Xesús Bal y Gay.[7]

Remove ads

Vida persoal

Casou con Emilia Gayoso Besteiro, aínda que se divorciaron en 1935[8] En 1937 ela foi depurada do seu posto de traballo[9]

Obra

  • Ancla (1923-1925) (1926)
  • Poemas sincopados (1926-1929)

Notas

Loading content...

Véxase tamén

Loading content...
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads