Encoro de Eiras

encoro no río Oitavén From Wikipedia, the free encyclopedia

Encoro de Eirasmap
Remove ads

O encoro de Eiras é un encoro situado no río Oitavén, entre os concellos de Fornelos de Montes e Ponte Caldelas, na provincia de Pontevedra.[1] Abastece de auga ao concello de Vigo, ademais doutros limítrofes como Mos, O Porriño, Redondela e Salceda de Caselas.[1]

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Remove ads

Historia

Debido ao incremento da poboación de Vigo, o caudal de auga para abastecer a cidade non era suficiente, a pesar da construción do encoro de Zamáns.[1] En 1973 o pleno do concello de Vigo aprobou un empréstito para financiar parte das obras. En outubro de 1973 comezaron as obras, tras un proceso de expropiación de predios.[2] Inaugurouse o 21 de marzo de 1977 coa presenza do ministro de Obras Públicas, Leopoldo Calvo-Sotelo, e mais do alcalde de Vigo, Joaquín García Picher.[2]

Remove ads

Situación

Aproveitouse o leito do río Oitavén, cunha extensión de 149 hectáreas. Tamén recibe augas dos ríos Parada e do Barragán, ademais doutros regatos. Adoita recibir auga ocasional do río Verdugo. A auga transpórtase mediante a Canle de Eiras, que pasa polos Valos e polo túnel da Madroa.[1]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads