Endoscopia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Endoscopia

A endoscopia é unha técnica diagnóstica da medicina, que consiste na introdución dunha cámara ou lente dentro dun tubo ou endoscopio a través dun orificio natural, unha incisión cirúrxica ou unha lesión para a visualización dun órgano oco ou cavidade corporal.

Thumb
Laparoscopia.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O endoscopio é un instrumento (produto sanitario) en forma de tubo, que pode ser ríxido ou semiflexible, e que contén unha luz e unha óptica que permiten a visualización do interior dun órgano oco ou dunha cavidade corporal.[1]

O estudo de endoscopia divídese a grandes liñas en catro grupos:

  1. Panendoscopia ou endoscopia alta.
  2. Endoscopia baixa.
  3. Esofago-duodenoscopia ou revisión completa do tubo dixestivo.[2]
  4. Colanxiopancreatografía endoscópica ou CPRE.

A endoscopia ademais de ser un procedemento diagnóstico minimamente invasivo, tamén pode realizar manobras terapéuticas como unha colecistectomía laparoscópica ou a toma de biopsias.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.