Entognatos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos entognatos ou entógnatos (Entognatha) é unha pequena e antiga clase de artrópodos ametábolos (é dicir, que non presentan metamorfose) que, xunto cos insectos, constitúen o taxon dos hexápodos.[1][2]
O taxon, probabelmente parafilético ou polifilético, contén soamente tres ordes (hoxe clases): colémbolos, dipluros e proturos.
Estes animais están caracterizados por teren as súas pezas bucais pechadas dentro dunha bolsa situada debaixo da cabeza, ao que alude o seu nome, e o que os diferenza da outra clase, a dos insectos, nas que as pezas bucais son externas (exognatos).
Son ápteros (é dicir, non teñen ás), e algúns non teñen ollos nin antenas.
Estes tres grupos foron historicamente unidos na orde dos tisanuros para formaren a clase dos apterigotos,[3] pero comprobouse máis tarde que as características parecidas destes evolucionaran independentemente a partir das dos insectos.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A orde foi descrita en 1891 polo zoólogo austríaco Rudolf Ritter von Stummer-Traunfels, no seu traballo Vergleichende Untersuchungen über die Mundwerkzeuge der Thysanura und Collembolen, publicado pola Sitzungsberichte der Kaiserliche Akademie der Wissenschaften in Wien, pp. 216-234.
Etimoloxía
O nome científico Entognatha está pormado polo elemento ento-, derivado do adverbio do grego antigo ἐντός entós, 'dentro' e o substantivo do grego antigo γνάθος gnáthos, 'mandíbula'. Literalmente: 'os que teñen as mandíbulas pechadas'.
Antiga clasificación
Esta clase xa non se utiliza, e cada unha das súas ordes foi elevada ao rango de clase:[4]
- Collembola Lubbock, 1870
- Diplura Börner, 1904
- Protura Silvestri, 1907
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads