Eritrosa 4-fosfato
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A eritrosa 4-fosfato [2][3] ou eritrosa-4-fosfato [4] é o monosacárido derivado da eritrosa cun fosfato esterificado no carbono 4. Trátase dun azucre de 4 carbonos (tetrosa), cun grupo aldehido (aldosa) e un grupo fosfato no carbono 4. É un intermediario importante na ruta da pentosa fosfato e do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese, e intervén tamén na síntese de aminoácidos aromáticos como tirosina, fenilalanina e triptófano.
Remove ads
Na ruta da pentosa fosfato
A eritrosa 4-fosfato é un dos azucres que intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a sedoheptulosa 7-fosfato e o gliceraldehido 3-fosfato catalizada polo encima transaldolase, na que se orixina frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato [5].
Na reacción final da ruta a eritrosa 4-fosfato reacciona coa xilulosa 5-fosfato, dando lugar a gliceraldehido 3-fosfato e frutosa 6-fosfato, pola acción da transcetolase.
Remove ads
No ciclo de Calvin
No ciclo de Calvin da fase rexenerativa da fase escura da fotosíntese a eritrosa 4-fosfato orixínase na reacción do gliceraldehido 3-fosfato coa frutosa 6-fosfato, que é a mesma da ruta da pentosa fosfato, pero en sentido contrario.
Despois, a eritrosa formada reacciona coa dihidroxiacetona fosfato orixinando sedoheptulosa 1,7-difosfato [5]
Remove ads
Síntese de aminoácidos
A eritrosa 4-fosfato intervén na síntese de aminoácidos aromáticos como fenilalanina, tirosina e triptófano. A fenilalanina é un aminoácido esencial para o home. As plantas sintetízana a partir de fosfoenolpiruvato e eritrosa 4-fosfato, as cales orixinan en varios pasos ácido siquímico, o cal nunha ruta de 5 reaccións orixina a fenilalanina. A partir de intermediarios da mesma ruta orixínanse nas plantas a tirosina e o triptófano. No home a tirosina pode sintetizarse a partir da fenilalanina, e o triptófano é esencial.
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads