Erkin Vohidov

From Wikipedia, the free encyclopedia

Erkin Vohidov
Remove ads

Erkin Vohidov, nado en Oltiariq o 28 de decembro de 1936 e finado en Tashkent o 30 de maio de 2016[1], foi un xornalista e escritor uzbeko, poeta nacional da República Socialista Soviética de Uzbekistán en 1987, recibiu en 1999 o título de Heroe de Uzbekistán, o máis alto título honorífico que pode recibir un cidadán de Uzbekistán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia de profesores, seu pai Chuyanboy Vohidov loitou na guerra guerra soviético-alemá contra da Alemaña nazi e os seus aliados e morreu en Tashkent logo de regresar da guerra. Pouco despois finou tamén súa nai, Roziyahon Vohidova e Erkhin foi vivir en 1945 cun tío, Karimboy Sohiboyev en Tashkent e completou alí a súa educación secundaria. Graduouse en 1960 en filoloxía na Universidade Estatal de Tashkent.

Tras rematar os seus estudos, Vohidov traballou entre 1960 a 1963 como editor en Yosh Gvardiya, a sección uzbeka da editora estatal Molodaya Gvardiya. Foi despois editor-xefe (1963-1970) e director (1985-1987) de Gʻafur Gʻulom, outra editorial en Tashkent, e de 1975 a 1982 volveu a Molodaya Gvardiya como editor xefe. Desde 1982 e ata 1985 foi o editor xefe da revista mensual Yoshlik .[2]

Vohidov comezou a escribir poesía durante os seus anos de estudante. Publicou a súa primeira colección de poemas, Tong nafasi, en 1961 e ao longo da súa vida publicou máis de 30 libros de poesía [3]. Moitos artistas uzbekos cantaron os seus poemas, entre as máis famosas están "Inson qasidasi" e "Oʻzbegim" ámbalas dúas cantados por Sherali Joʻrayev. Traduciu a moitos poetas recoñecidos como Aleksandr Tvardovsky, Johann Wolfgang von Goethe, Muhammad Iqbal, Rasul Gamzatov, e Sergei Esenin ao uzbeko. Vohidov escbribiu tamén tres obras de teatro: Oltin devor, Istambul fojeasi e Ikkinchi tumor. En 1990 entrou na vida pública e foi membro da Asemblea Suprema desde 1995 ata 2005 e do Senado de Uzbekistán desde 2005 ata 2010.

Obras

  • Tong nafasi  (1961)
  • Qoʻshiqlarim sizga  (1962)
  • Yurak va aql  (1963)
  • Mening yulduzim  (1964)
  • Nido (1965)
  • Lirika (1965)
  • Palatkada yozilgan doston (1967)
  • Yoshlik devoni (1969)
  • Charogʻbon (1970)
  • Quyosh maskani (1972)
  • Dostonlar  (1973)
  • Tirik sayyoralar  (1978)
  • Ruhlar isyoni  (1980)
  • Sharqiy qirgʻoq  (1981)
  • Kelajakka maktub  (1983)
  • Muhabbat  (1984)
  • Hozirgi yoshlar  (1986)
  • Iztirob  (1991)
  • Yaxshidir achchiq haqiqat (1992)
  • Saylanma
    • Birinchi jild: Ishq savdosi  (2000)
    • Ikkinchi jild: Sheʼr dunyosi 
    • Uchinchi jild: Umrim daryosi 
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads