Ernai

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ernai
Remove ads

Ernai (do éuscaro, 'Atento' ou 'Esperto') é unha organización política xuvenil que actúa en Euskadi e Navarra. Do mesmo xeito que se considerou a Sortu como formación herdeira de Batasuna, tamén se considerou a Ernai como herdeira de Segi.[1][2] Defínese principalmente como independentista, socialista e feminista. Malia recoñecer Euskal Herria como marco de loita, non ten presenza en Iparralde, xa que ese espazo político é ocupado pola organización Aitzina!.

Datos rápidos Datas, Localización ...
Remove ads

Historia

Ernai constituíuse na localidade navarra de Lizarra o 2 de marzo de 2013 como organización xuvenil da esquerda abertzale, trala disolución de Segi en 2012. O acto de presentación contou coa presenza do histórico militante abertzale Joseba Álvarez no nome de Sortu, a secretaria xeral do sindicato LAB, Ainhoa Etxaide, e o expreso de ETA Oier González.[2]

Malia ser organicamente independente de Sortu, tamén asume o relatorio abertzale Zutik Euskal Herria.[3][4]

O principal eido de traballo de Ernai é a creación de novos modelos de vida. Traballa, así, cuestións como a socioeconomía, o lecer, a lingua éuscara, a educación formal, o ecoloxismo, o feminismo, o internacionalismo ou a formación política e ideolóxica. Así mesmo, busca avanzar no proceso de resolución do «conflito vasco».

Remove ads

Referencias

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads