Ernesto Geisel

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ernesto Geisel
Remove ads

Ernesto Geisel, nado en Bento Gonçalves (Rio Grande do Sul) o 3 de agosto de 1907 e finado no Río de Xaneiro o 12 de setembro de 1996, foi un militar e político brasileiro. Xeneral de exército, foi presidente do seu país do 15 de marzo de 1974 ao 15 de marzo de 1979.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Naceu nunha familia protestante, e ingresou no Colexio Militar en 1921. Entre 1969 e 1973 participou da dirección da estatal petrolífera brasileira, a Petrobras. Despois de asumir a presidencia da república en 1974, comezou o proceso de apertura política brasileira, co relaxamento da censura e o abrandamento dalgunhas leis de represión, que foran impostas no país despois do golpe militar de 1964. O seu sucesor, João Baptista Figueiredo, deu continuidade ó proceso de apertura.

Máis información Presidente do Brasil ...
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads