Ernst Hartert

ornitólogo alemán (1859–1933) From Wikipedia, the free encyclopedia

Ernst Hartert
Remove ads

Ernst Johann Otto Hartert, nado en Hamburgo o 29 de outubro de 1859 e finado en Berlín o 11 de novembro de 1933, foi un zoólogo alemán especializado en ornitoloxía.

Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Thumb
Tumba de Ernst Hartert en Waldfriedhof Dahlem, Berlín.
Remove ads

Traxectoria

Desde mozo interesouse pola zooloxía e, en particular, pola ornitoloxía. Vixou África e ao Oriente Medio. En 1892 foi contratado por Lionel Walter Rothschild como conservador ornitolóxico do seu museo privado en Tring, cargo no que permaneceu até 1929.

Hartert publicou trimestralmnte o diario do museo Novitates Zoologicae (1894-1939) con Rothschild, e Hand List of British Birds (1912) con Jourdain, Ticehurst e Witherby. Escribiu tamén Die Vögel der paläarktishen Fauna (1903-1922) e viaxou pola India, África e Suramérica pola conta do seu patrón.

En 1930 retirouse a Berlín, onde morreu o 11 de novembro de 1933.[1]

Hartert foi o mentor de Erwin Stresemann, cuxos restos cremados foron enterrados na tumba de Hartert en 1972.[2]

Remove ads

Outras publicacións

Entre as obras escritas por Ernst Hartert están:[3]

Remove ads

Abreviatura

A abreviatura Hartert emprégase para recoñecer Ernst Hartert como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Epónimos

Unha especie de lagarto, Hemiphyllodactylus harterti , foi así nomeada na súa honra.[4] Así mesmo, os nomes de 12 especies de aves foron dedicados a este autor.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads