Erongo
rexión de Namibia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Erongo é unha das 14 rexións de Namibia. A súa capital é a cidade de Swakopmund.

Remove ads
Xeografía
A rexión ocupa unha superficie de 63 720 km².
No ano 2001 tiña unha poboación de 107 629 habitantes polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 2,72 hab./km².
A súa capital é a cidade de Swakopmund, que en 2010 tiña unha poboación de 34 300 habitantes,[1] aínda que a cidade máis poboada é Walvis Bay que, en 2011 contaba con 85 000 habitantes.
O nome da rexión débese ás montañas Erongo, un lugar moi coñecido en Namibia, especialmente nesta zona.
Todas as localidades principais desta rexión están conectadas por estradas pavimentadas.
A rexión comprende seis distritos electorais: Omaruru, Karibib, Brandberg, Arandis, Swakopmund e Walvis Bay.
Polo oeste, Erongo ten costa no océano Atlántico, a chamada costa dos Esqueletos. Por terra limita coas rexións seguintes:
- Kunene - ao norte
- Otjozondjupa - ao leste
- Khomas - ao sueste
- Hardap - ao sur (Ver mapa)
Remove ads
Economía
As áreas dos Omaruru, Karibib e Okombahe/Uis/Tsubeses están situadas nunha rexión semiárida, con cultivos de secaño. Estes pobos combinan as colleitas comunais coas individuais, comerciais.
Hai varias explotacións mineiras na rexión, en lugares como Navachab e, en pequena escala en lugares ao redor de Uis e a zona desértica.
En Arandis existen industrias mineiras, e manufacturas en Swakopmund.
Karibib tamén ten industria de mármore.
E Walvis Bay é o lugar principal da industria pesqueira de Namibia. A importancia da actividade pesqueira nesta rexión fai que para a vixilancia das súas augas, dispoña dun patrulleiro motorizado destinado na rexión.
A rexión, lindeira coa costa, está bastante desenvolvida. Ten servizos como escolas, hospitais e clínicas, servizos de electricidade e de telecomunicacións, con algunhas excepcións nalgúns puntos.
Remove ads
Distritos electorais
A rexión comprende sete distritos electorais:
- Daures
- Omaruru
- Arandis
- Karibib
- Swakopmund
- Walvis Bay Urbano
- Walvis Bay Rural
Política
Desde o ano 2004, a SWAPO ten a maioría absoluta no Consello Rexional de sete membros de Erongo, cuxas eleccións se celebran cada sete anos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
