Erysipelothrix

From Wikipedia, the free encyclopedia

Erysipelothrix
Remove ads

Erysipelothrix é un xénero de bacterias que contén tres especies.[1] A característica distintiva de Erysipelothrix é a presenza dunha parede celular grampositiva de tipo B, na cal a ponte peptídica do peptidoglicano fórmase entre aminoácidos situados nas posicións 2 e 4 de cadeas peptídicas adxacentes, en lugar do que ocorre na maioría das bacterias, que o forman entre aminoácidos nas posicións 3 e 4."[1]

Máis información Clasificación científica, Especies ...

A especie mellor coñecida é Erysipelothrix rhusiopathiae, que causa erisipelas en porcos e outras doenzas en animais. As outras dúas especies aparentemente non son patóxenas.[1] [2] e Erysipelothrix inopinata describiuse en 2004. Estas dúas últimas especies foron illadas de tonsilas de porcos sans.[1] Estableceuse a nova familia Erysipelotrichidae para clasificar nela este xénero.[1]

Estas bacterias son grampositivas. Porén, poden confundirse con bacterias gramnegativas durante as análises porque perden facilmente a súa tinguidura de Cristal violeta. Non son ácido-alcohol resistentes. Son bacilos finos, inmóbiles. Son rectos ou lixeiramente curvados e poden aparecer longos e filamentosos. As célula aparecen soas, en pares con forma de V, ou formando curtas cadeas. Son aeróbicas ou anaerobias facultativas.[3]

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads