Escada
escaleira simple portátil From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha escada[1], escala, esqueiro ou esqueira é unha escaleira normalmente de madeira ou metálica formada por dúas hastas (pezas longas verticais) ligadas por barras ou paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptábel a un vehículo[2]. Serven para que as persoas poidan ascender e descender de lugares inaccesíbeis por se atoparen a distinta altura ou nivel. Empréganse principalmente en actividades de bricolaxe, xardinaxe, fruticultura.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Escada.
- Este artigo trata sobre o trebello, para o grupo de uvas en que se divide un cacho, véxase: Acio.

Por extensión chámase escada ao guión detallado que reflicte os contidos e a súa duración dentro dun programa, así como a súa forma de presentación[3].
Remove ads
Partes
Están compostas por dous montantes ou hastas de lonxitude variábel unidos transversalmente grazas a traveseiros colocados de xeito equidistante chamados banzos ou chanzos que permiten o ascenso progresivo até a zona desexada. Son trebellos facilmente transportábeis pola súa levidade. Orixinalmente fabricábanse de madeira e ademais dos usos actuais eran comúns para acceder a sobrados e faiados. Actualmente o material máis utilizado é o aluminio pola súa lixeireza e porque permite unións entre banzos e montantes de maior consistencia, que prolongan a vida útil da escada.
Remove ads
Tipos e normativa
De forma xenérica, as escadas pódense dividir en dous grupos:
- Apoiábeis, as tradicionais, non teñen estabilidade por si mesmas e cómpre apoialas no elemento a ascender: parede, árbore, fachada, sobrado, etc.
- Autoestábeis ou dobres[4]. Susténtanse por si mesmas.
Tamén existen as seguintes:
- Corredeira
- Telescópicas ou extensíbeis
- Con plataforma
Existen infinidade de modelos de escadas en función da altura, o número de pasos, artellamento, etc. Algunhas dispoñen de plataformas de traballo, varandas e elementos de ancoraxe para realizar tarefas a determinada altura con total seguranza.
A normativa DIN EN 131 regula, a nivel europeo a fabricación e características das escadas.
Remove ads
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
