Escarlatina

doenza infecciosa From Wikipedia, the free encyclopedia

Escarlatina
Remove ads

A escarlatina[1] é unha doenza infecciosa causada polo estreptococo beta hemolítico do grupo A (Streptococcus pyogenes), que atinxe principalmente aos nenos, sendo a bacteria sensíbel á penicilina, entre outros antibióticos. A escarlatina é case sempre unha complicación da amigdalite/farinxite estreptocócica, aparecendo cerca de dous días logo do inicio dos síntomas desta.

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

As persoas infectadas polo axente, na maioría das veces, teñen febre e dores na gorxa (odinofaxia), o que dificulta a inxestión de alimentos. A pel sofre alteracións visíbeis, como escamación e arroibamento.

Caracterízase por eritemas (arroibamento cutáneo) que se espallan a partir dun punto no corpo, deixando as palmas das mans e dos pés e a rexión darredor da boca inalteradas. A lingua, inicialmente, é amarela debido á inflamación, mais despois escama e se torna vermello viva, con aparencia dun amorodo. Nalgúns casos, a lingua fica con bóchegas pequenas.

A súa transmisión acontece a través da saliva, por vía nasal, tose, espirros e respiración ou aínda a través do contacto con vestiario e obxectos contaminados.

O tratamento faise a través da administración de antibióticos, constituíndo a penicilina, aínda hoxe, o fármaco de primeira liña, dada a ausencia de resistencia documentada.

Non sendo debidamente tratada, poderán ocorrer hemorraxias no estómago, no bazo e no intestino. Alén da posibilidade de ocorreren convulsións, inflamación nos riles, infección nos tímpanos, dores fortes nas articulacións e problemas cardiovasculares.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads