Escherichia

xénero de bacterias From Wikipedia, the free encyclopedia

Escherichia
Remove ads

Escherichia é un xénero de bacterias pertencente á familia Enterobacteriaceae. É unha bacteria gramnegativa, non formadora de esporas, anaerobia facultativa.[1] Forma parte da flora intestinal dos animais de sangue quente, onde Escherichia proporciona unha parte da súa produción de vitamina K ao seu hóspede. Algunhas especies de Escherichia son patóxenas.[2] O xénero recibiu o seu nome por Theodor Escherich, que descubriu a especie E. coli

Máis información Clasificación científica, Especies ...
Remove ads

Patoxénese

A pesar de que a maioría das especies de Escherichia son comensais inofensivos, algunhas cepas son patóxenos humanos,[3] causantes de infeccións do tracto urinario,[4] e enfermidades gastrointestinais que varían entre unha simple diarrea ata unha disentería;[1] tamén é causante dunha ampla gama de estados patolóxicos.[5] A pesar de que Escherichia coli é responsable da gran maioría das enfermidades provocadas por este grupo de bacterias en humanos, outros membros do xénero tamén poden producir infeccións.[6][7]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads