Escoto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Escoto[1] refírese ao nome que os antigos romanos deron orixinalmente a unha tribo de colonos celtas da illa de Irlanda que devastaron a Bretaña romana. Estaban asentados nas Terras Altas Occidentais de Escocia e posteriormente estendéronse por toda Escocia durante os séculos IV e V, dando nome a esa nación. O seu nome foi substituído máis tarde polo termo "Gael", do celta Gaidheal/Gaedheal, que hoxe dá nome á súa lingua celta, o gaélico escocés.
As tribos bélicas dos escotos, xunto cos pictos e os misteriosos atticotti, causaron amplos problemas á administración romana da provincia da Britania, con violentas incursións. Cos romanos evacuando a illa e deixándoa nun estado de anomía e guerras endémicas, moitos escotos atopáronse co control das partes occidentais de Gran Bretaña, tras emigrar e colonizar as costas de Gales e Escocia.
Asentáronse a partir do s. VI na rexión occidental de Escocia onde formaron o reino de Dalriada. Enfrontáronse aos pictos até que se fusionaron os dous pobos e os seus territorios no Reino de Escocia, no 844.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads