Escribidor amarelo
paxaro da familia das escribentas From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O escribidor amarelo[1] (Emberiza citrinella) é un paxaro (Passeriformes) de familia dos escribidores (Emberizidae). É un dos representantes da familia máis comúns en Europa, onde vive dende Escandinavia central ó norte de España é de Irlanda ata Asia.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Remove ads
Descrición
É un paxaro robusto, de bico groso, que mide uns 16 ou 17 cm. de lonxitude e pesa de 25 a 30 gramos. Os machos teñen, na época de cría, plumaxe amarela, a cabeza é amarela brillante con algunhas listas acastañadas, á parte inferior é tamén marela, o peito vermello e as plumas que cobren as ás son de cor gris tirando a marrón. As femias son de cor castaña agrisada, con matices amarelos na gorxa e no ventre. Fora da época de cría a plumaxe do macho é semellante á da femia.
Remove ads
Distribución xeográfica e Hábitat
Cría en case toda Europa e boa parte de Asia. Foi introducido en Nova Zelandia en 1862, onde é agora probablemente máis abundante ca en Europa, onde diminuíu moito. En Europa e Asia máis dos exemplares son residentes, pero algúns dos que viven máis
Viven en zonas abertas nas que haxa soutos, sebes ou arbustos. No inverno forman bandadas que procuran sementes sobre os campos.

Alimentación
Aliméntanse principalmente de sementes, aínda que comen tamén insectos, en especial cando están criando.
Canto
Quixera ser escribenta |
O canto é máis axiña monótono e metálico, e amosa certas variacións que permiten diferenciar ós paxaros máis novos dos máis vellos.
Reprodución

Fan os niños no chan ou preto do chan. As femias poñen de tres a cinco ovos, que choca uns 14 días. Outros catorce días despois de rompe-la casca os paxaros novos poden xa voar.
Status
Nos anos 1990, calculábase que había uns 20 millóns de parellas reprodutoras de escribidores amarelos. As poboacións reducíronse desde esa época. Segundo a IUCN a poboación total sería de entre 35 e-62 millóns de individuos, o que non colocaría a ave na lista de especies ameazadas
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads