Emberícidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Emberícidos
Remove ads

A dos emberícidos[1] (Emberizidae) é unha familia de aves da orde das paseriformes presente en todos os continentes excepto en Oceanía e na Antártida.

Máis información Clasificación científica, Xéneros ...

O grupo ten maior biodiversidade nas Américas, e os seus membros reciben o nome de escribidores,[2] escribentes[3], escribidoras[3] ou escribentas (e en Noreamérica, ás veces, pardais (sparrows) do Novo Mundo, aínda que constitúa un clado distinto da familia dos pardais, os paséridos).

Comprende uns 30 xéneros e 179 especies, cuxa clasificación aínda se encontra en debate e, ás veces, agrúpanse cos frinxilídos.

O grupo ocupa unha enorme diversidade de hábitats terrestres, en climas temperados, tropicais e subtropicais e nas rexións polares, que inclúen zonas áridas, desérticas, agrícolas, de bosque, de tundra e pantanosas.

Remove ads

Características

Os emberícidos son aves de pequeno a mediano tamaño, de entre 10 e 25 cm de lonxitude. Os machos son un pouco maiores que as femias e, nas especies onde o dimorfismo sexual está presente, teñen cores máis brillantes. O bico é curto e cónico, adaptado a unha alimentación a base de sementes e insectos (estes últimos, especialmente nos individuos novos). A maior parte das especies non beben auga.[4]

A época de reprodución ocorre no verán ou, nas zonas tropicais, na época das chuvias. A maioría das especies forman parellas monogámicas, aínda que hai excepcións.[5] O niño constrúeno no solo ou en árbores, con anacos de pólas e follas, e nunca é reaproveitado. As femias poñen entre 3 e 5 ovos de cor branca ou azulada, que incuban soas ao longo dun período de 11 a 14 días. Os polos son bastante precoces e fanse independentes en menos dun mes, atinxindo a madurez sexual ao fin do primeiro ano de vida.

Os embericídos son aves diúrnas e bastante territoriais na época da reprodución. Algunhas especies, especialmente as que viven en elevadas latitudes, son migratorias. Dentro do grupo só os machos emiten vocalizacións.

A IUCN non lista ningunha especie do grupo en perigo de extinción pero as poboacións de emberícidos están declinando a escala mundial, debido á perda de hábitats e á deforestación.

Pénsase que os emberícidos evolucionaron en América, migrando despois para Asia e Europa vía estreito de Bering.

Remove ads

Sistemática

A clasificación dos emberícidos está nun proceso de profunda revisión.[6][7][8][9]

Xéneros

Os xéneros que tradicionalmente se inclúen nesta gran familia son:

  • Aimophila
  • Ammodramus
  • Amphispiza
  • Arremon
  • Arremonops
  • Atlapetes
  • Calamospiza
  • Chlorospingus
  • Chondestes
  • Emberiza
  • Gubernatrix
  • Junco
  • Melospiza
  • Miliaria
  • Melozone
  • Oriturus
  • Paroaria
  • Passerculus
  • Passerella
  • Peucaea
  • Rhynchospiza
  • Spizella
  • Tiaris
  • Torreornis
  • Xenospiza
  • Zonotrichia
Remove ads

En Galicia

En Galicia están presentes as seguintes especies:[10][11]

Máis información Especie Autoridade, ano, Nome vulgar ...

Ademais das consignadas no cadro anterior, hai citas doutras dúas especies, ambas as dúas de distribución moi setentrional: a escribenta das neves, ou nival, Plectrophenas nivalis (Linné), que, aínda que escasa, pode considerarse como visitante habitual nas costas galegas, especialmente en invernos moi fríos, e a Calcarius lapponicus (Linné), que foi observada accidentalmente na costa de Bares.[15]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads