Escudo chileno
antiga unidade monetaria de Chile (1960-1975) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O escudo chileno (código: CLE; símbolo: E°) foi a moeda de curso legal da República de Chile entre 1960 e 1975, dividida en cen centésimos, precedida e sucedida polo peso chileno.[1]
- Para o escudo de armas de Chile, véxase Escudo de Chile.
Escudo chileno † | |
---|---|
Código: | CLE |
Ámbito: | ![]() |
Símbolo: | Eº |
Fracción: | Centésimo |
Moedas: | - 1/2, 1, 2, 5, 10, 20 e 50 centésimos. - 1, 2, 5, 10, 50, 100 escudos. |
Billetes: | - ½, 1, 5, 10, 50, 100, 500, 1.000, 5.000 e 10.000 escudos. |
Emisor: | Banco Central de Chile |
Taxa de troco: | 1 Eº = 1.000 CLP (1950) 1.000 Eº = 1 CLP (1975). |
A implantación do escudo chileno formou parte das medidas de saneamento da economía e de control inflacionario emprendidas polo Goberno de Jorge Alessandri.[2][3]
Remove ads
Historia
Consonte a Lei 13.305, publicada o 6 de abril de 1959, o escudo entrou en circulación o 1 de xaneiro de 1960, en substitución do antigo peso chileno, cunha equivalencia de 1.000 pesos por cada escudo.[1]
O escudo estaba inicialmente subdividido en centésimos, mais coa publicación do Decreto lei 231 do 31 de decembro de 1973 dispúxose que todos os pagamentos se efectuasen en escudos enteiros, eliminando os centésimos.[4]
Finalmente, mediante o Decreto lei 1.123, publicado o 4 de agosto de 1975, retomouse o peso como unidade monetaria nacional, cunha equivalencia de 1.000 escudos por cada novo peso.[5]
Remove ads
Moedas
En 1960 introducíronse moedas dun centésimo de aluminio, e de 2, 5 e 10 centésimos de bronce-aluminio, e en 1962 engadiuse á serie a moeda de ½ centésimo, de aluminio.[6][7]
En 1971 presentouse unha nova serie de cuñaxes, que constaba de moedas de 10, 20 e 50 centésimos de bronce-aluminio, e de 1 e 5 escudos fabricadas en cuproníquel. Esta serie, que se emitiu tamén o ano seguinte, prevía inicialmente tamén o valor de 2 escudos en cuproníquel, mais o Banco Central de Chile non autorizou finalmente a súa posta en circulación, polo que a súa produción se limitou aos 106 exemplares de proba.[7][8]
En 1974 cuñáronse moedas de 5 e 10 escudos de aluminio (as de 5 escudos fixéronse con cuños datados en 1972, polo que é común que se consideren como cuñadas nese ano).[9] Finalmente, entre 1974 e 1975 completaron a serie as moedas de 50 e 100 escudos de níquel-latón.[7]
Todas as moedas amosan a marca de ceca da Casa da Moeda de Chile.
Remove ads
Billetes
En 1960, os antigos billetes con valores expresados en pesos (a moeda anterior) foron sobreestampadas provisionalmente para lles acreditar o seu contravalor en escudos chilenos. Esta serie estivo composta por billetes reconvertidos aos valores de ½, 1, 5, 10 e 50 centésimos, e de 1, 5, 10 e 50 escudos, sobre antigos billetes con valores desde os 5 pesos ata os 50.000 pesos.[6][23]
En 1962 introducíronse xa os primeiros deseños propios expresados en escudos, cos valores de ½, 1, 5, 10 e 50 escudos.[6] En 1967 sumóuselle á serie o billete de 100 escudos, e o de 10 escudos substituíuse por outro de menor tamaño.[24]
O inicio da década de 1970 caracterizouse polos graves problemas inflacionarios, polo que os valores faciais dos billetes se viron obrigados a crecer. Consecuentemente, en 1971 introduciuse no sistema o billete de 500 escudos; en xuño de 1973 engadíuselle o de 1.000 escudos e, en novembro dese mesmo ano, logo do golpe de Estado de Pinochet, o de 5.000.[2][25] Finalmente, en 1974, a serie completouse coa emisión do billete de 10.000 escudos.[26]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads