Esdras
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Esdras (en hebreo Ezra עֶזְרָא, abreviación de עַזְרִיאֵל, "aquel que axuda, auxiliador") foi unha personaxe bíblica que segundo a tradición xudía liderou o segundo grupo de retorno dos israelitas que volveran de Babilonia en 457 a.C. Descendente de Aharón, o primeiro Sumo Sacerdote de Israel, Esdras era un escriba, entendido na lei de Moisés.
O seu nome é citado 30 veces na Biblia[1].
Remove ads
Traxectoria
Esdras recibiu a orde do rei Artaxerxes para ir a Xerusalén. Polo texto, descoñécese se o rei ao que se refire a pasaxe é Artaxerxes I (465–424 a.C.) ou Artaxerxes II (404–359 a.C.).[2] Levaría ofrendas para o templo, os xudeus que quixesen volver con el e persoas para traballar no templo (levitas, servidores do templo, porteiros, cantores). O obxectivo da misión era ver a condición espiritual do pobo xudeu. Coas ofrendas tería que comprar animais e outros produtos para seren empregados nos sacrificios. Esdras estaba tamén autorizado para nomear maxistrados e xuíces que xulgasen o pobo alén do río Éufrates.
Partiu de Babilonia e parou no río que corre cara a Aava. Alí descubriu que non había ningún levita e mandounos buscar en Casifia, onde os encontraron, ademais de servidores do templo. Fixeron logo xaxún para humillárense perante Deus e pediren protección na xornada.
Chegaron a Xerusalén e repousaron tres días. Pesaron o ouro e a prata dos obxectos para a casa de Xehová e tras isto, Esdras decatouse de que o pobo estaba en gran pecado, estaba mesturándose cos pobos doutras terras e desobedecendo a Deus. O pobo reuniuse con Esdras e arrepentiuse, despedindo as mulleres estranxeiras.
Remove ads
Libro de Esdras
Segundo os estudosos, os libros de Esdras e Nehemías formaban un único libro, que logo foi separado en 1.º de Esdras e 2.º de Esdras. Despois o segundo recibiu o nome de Nehemías. Relatan acontecemento de entre o 538 e o 400 a.C. O tema central do libro é a organización da comunidade que se formou a partir da volta dos xudeus exiliados en Babilonia.
Algúns estudosos atribúenlle tamén a autoría do libro das Crónicas e que foi el quen compilou o Antigo Testamento. Tamén hai quen considera que complementou o libro do Deuteronomio, escribindo sobre a morte de Moisés.
A Biblia dos Setenta, tamén conta cun libro denominado Esdras I[3], inexistente na Biblia adoptada pola Igrexa Católica, que adoita referirse a el como Esdras III (apócrifo), mentres que os libros de Esdras e Nehemías na Biblia dos Setenta están reunidos nun único libro chamado de Esdras II[4].
A Igrexa Ortodoxa Etíope inclúe, alén do Esdras I, tamén un Esdras IV[3] (Apocalipse de Esdras[5]) na súa Biblia.
Segundo as distintas coleccións de libros das diferentes comunidades crentes, existen diversos libros atribuídos ao escriba Esdras, que poden resumirse así:
# | Texto masorético | Biblia católica | Vulgata | Septuaginta | Versións eslavas | Versión etíope | Nomes alternativos | ||
1 | Ezra | Libro de Esdras | 1 Esdras | 2 Esdras B΄ Έσδρας |
1 Esdras | Esdras-Nehemías | Esdras-Nehemías | ||
2 | Nehemyah | Nehemías | 2 Esdras | Nehemías | |||||
3 | non existe | 1 Esdras (apócrifo) | 3 Esdras (apéndice) | 1 Esdras A΄ Έσδρας |
2 Esdras | 2 Esdras | Esdras grego | ||
4 | 2 Esdras (apócrifo) | 2 Esdras (apéndice) | non existe | 3 Esdras | Ezra Sutuel | (Cap. 3–14) | 4 Esdras ou Apocalipse de Esdras |
Esdras latino | |
5 | non existe | (Cap. 1–2) | 5 Esdras | ||||||
6 | (Cap. 15–16) | 6 Esdras |
Remove ads
Ezra no islam
No islam, Esdras é coñecido como Uzair (árabe: عُزَيْرٌ), e aparece mencionado no Corán. Aínda que non está considerado como un dos profetas do islam, algúns estudosos musulmáns si o consideran, baseándose nas tradicións islámicas.[6][7] A súa tumba en Al-ʻUzair, na beira do río Tigris, preto de Basra (Iraq) é un lugar de peregrinación para os árabes dos pantanos.[8][9] Con todo, outros estudosos islámicos e occidentais non identifican a Uzair como "Ezra"; por exemplo o profesor Gordon Darnell Newby asocia Uzair con Enoc e Metatron.
Historicidade

Mary Joan Winn Leith en The Oxford History of the Biblical World cre que Esdras é unha figura histórica cunha vida que foi realzada nas escrituras para darlle desenvolvemento teolóxico.[10] Gosta W. Ahlstrom indica que as inconsistencias da tradición bíblica son insuficientes para dicir se Esdras, coa súa posición central como "o pai do xudaísmo", foi unha creación literaria posterior.[11] Os que discuten a historicidade de Esdras indican que a presentación deste como líder e creador de leis lembra a Moisés, e que tamén hai semellanzas entre Esdras o escriba-sacerdote (mais non alto sacerdote) e Nehemías o gobernador segrar por unha banda e Xosué e Zerubbabel por outra. O escritor xudeu do século II a.C. Ben Sira eloxia a Nehemías, mais non menciona a Esdras.[10]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads