Espremedor

From Wikipedia, the free encyclopedia

Espremedor
Remove ads

Un espremedor[1] é un utensilio de cociña que serve para espremer froitos, en especial o limón e a laranxa, co obxectivo de lles extraer o zume.

Thumb
Espremedor eléctrico moderno.
Thumb
Espremedor de cítricos manual.

Existen varios tipos de espremedor, desde os máis simples, como o espremedor manual[2], aos eléctricos.[3]

Relativamente ao espremedor manual, é necesario rodar e esmagar o cítrico, exercendo forza contra o mesmo, para que a fricción entre o froito e o espremedor resulte na expulsión do zume. No caso do eléctrico, o espremedor xira só ao apertar o froito na parte xiratoria, polo que non é necesaria forza por parte do usuario. Existen moitos tipos de espremedores eléctricos, desde os caseiros aos industriais, usados por restaurantes, ou outros estabelecementos comerciais. Este foi creado en 1926 por Madeline Turner.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads