Esteman
cantante colombiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Esteban Mateus Williamson, nado en Bogotá, Colombia o 4 de maio de 1984, coñecido profesionalmente como Esteman, é un cantante e compositor colombiano.
Remove ads
Traxectoria
Esteman deuse a coñecer na escena musical colombiana co vídeoclip da canción "No te metas a mi Facebook", que se volveu viral en YouTube, xerando máis dun millón de visitas en pouco tempo.[1] O seu álbum debut, 1er Acto, foi publicado o 28 de abril de 2012. Contou coa colaboración da cantante Andrea Echeverri na canción "Aquí Estoy Yo".[2] A súa segunda produción, Caótica Belleza, foi publicada o 28 de agosto de 2015 con colaboracións de Natalia Lafourcade na canción "Caótica Belleza" que dá nome ó álbum, José Quiñonez na canción "La Noche Es Corta", Li Saumet na canción "Todo Lo Que Soy" e Carla Morrison na canción "Adelante".[3][4]
En 2016, Esteman foi un dos artistas seleccionados para facer parte da primeira edición do festival Lollapalooza en Colombia antes da súa cancelación.[5][6] Nos Premios Grammy Latinos de 2016, Esteman foi nomeado na categoría de mellor novo artista, perdendo ante o seu compatriota Manuel Medrano. O seu álbum Caótica Belleza foi un do cinco discos nomeados a mellor álbum de música alternativa nos mesmos premios, categoría que gañou o disco L.H.O.N de Illya Kuryaki and the Valderramas.[7][8]
Esteman e a súa banda, "A Esteband", saíu de xira por Colombia, a Arxentina, o Perú, Chile, México e os Estados Unidos.[4]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads