Eureka!

From Wikipedia, the free encyclopedia

Eureka!
Remove ads

Eureka![1] (en grego: εὕρηκα héurēka, "Descubrino!"; perfecto indicativo de εὑρίσκω heurisko, ‘descubrir’) é unha famosa interxección atribuída ó matemático grego Arquímedes de Siracusa.[2][3] A exclamación «eureka» é utilizada hoxe en día como celebración dun descubrimento, achado ou consecución que se busca con afán.[4]

Thumb
Ilustración do século XVI de Arquímedes no baño, coa coroa de Hierón na parte inferior dereita.

A historia conta que Arquímedes pronunciou esta palabra tras descubrir que o volume de auga que ascende é igual ó volume do corpo mergullado. Isto deulle a solución ó problema de medir o volume de corpos irregulares e permitiulle saber se a coroa do rei Hierón II estaba feita de ouro puro ó calcular a súa densidade a partir da masa xa coñecida. Este achado realizouno mentres se atopaba mergullado na bañeira e tal foi a súa alegría que saíu correndo ás rúas de Siracusa espido berrando Eureka! (‘Descubrino!’).

A Liga Matemática da Asociación Nacional de Estudantes de Matemáticas promove o momento Eureka! a través do seu formato.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads