Europa (foguete)

From Wikipedia, the free encyclopedia

Europa (foguete)
Remove ads

Europa (Gl-Europa.ogg pronunciación ) foi o nome dunha serie de foguetes europeos desenvolvidos na década de 1960 pola ELDO (European Launcher Development Organisation) e composta polo Europa I e o Europa II.[1][2][3]

Datos rápidos Función, país de orixe ...
Remove ads

Historia

Os foguetes Europa foron os primeiros lanzadores espaciais desenvolvidos por unha organización europea. O Europa I estaba formados por unha primeira etapa británica Blue Streak, unha segunda etapa francesa Coralie e unha terceira etapa alemá Astris, e o Europa II levaba unha cuarta etapa adicional P068. A cofia foi desenvolvida por Italia e os sistemas de seguimento do foguete, polos Países Baixos e Bélxica. Australia tamén participou no proxecto a cambiou do uso das instalación de lanzamento en Woomera. Só dous dos oito lanzamentos de proba tiveron éxito e o proxecto finalmente foi cancelado para dar paso ó desenvolvemento dos foguetes Ariane por parte da sucesora da ELDO, a ESA.[1][2][3]

O plan para as probas dos foguetes tiña tres partes:

  • Na fase 1 terían lugar tres voos suborbitais con tan só a primeira etapa para probar os cambios feitos nela para formar parte do foguete Europa e probar tamén algúns dos sistemas de guiado, seguimento e telemetría. Os lanzamentos fixéronse desde Australia occidental e realizáronse con éxito.
  • Na fase 2 tamén habería tres voos suborbitais, coa primeira etapa Blue Streak e maquetas da segunda e terceira etapas. As maquetas serían substituídas en cada voo consecutivo polas correspondentes etapas funcionais: no segundo voo voaría unha segunda etapa funcional e no terceiro, a terceira etapa, completando o foguete.
  • Na fase 3 levaríanse a cabo catro lanzamentos a órbita para declarar o foguete operativo en 1970.

De todas as fases, só a 1 finalizou con éxito. Todos os voos da fase 2 foron un fracaso, cos fallos concentrándose nas etapas 2 e 3. Para compensar os fallos, lanzouse un foguete adicional durante a etapa 2, que tamén fracasou. Fíxose un último intento cun Europa II, simplemente engadindo unha cuarta etapa, pero tampouco tivo éxito, poñendo fin ó programa de foguetes Europa. Tralo peche do programa, o Reino Unido abandonou a ELDO, dando fin ao mesmo tempo á organización. O programa de lanzadores renacería baixo a ESA e o liderado francés, o que daría lugar ós foguetes Ariane.

Remove ads

Historial de lanzamentos

Máis información Voo, Data ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads