European Venus Explorer

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A European Venus Explorer (EVE), coñecida até 2007 como Venus Entry Probe (VEP), é unha sonda espacial proposta da Axencia Espacial Europea para Venus. Na cronoloxía do TRS de 2005 (technology reference study, estudo de referencia tecnolóxica), propúxose que a nave espacial fose lanzada nun vehículo de lanzamento Soiuz-2 / Fregat ao redor de 2013.[1] Porén, as solicitudes para financiar e desenvolver a nave espacial en 2007[2] e 2010[3] foron rexeitadas.

Datos rápidos Datos da misión, Misión: ...

EVE foi unha proposta de misión de clase media no programa Cosmic Vision.[4] O concepto da misión consistía nun orbitador e un globo que circunnavegarían o planeta ao longo dunha semana, e unha sonda de aterraxe que funcionaría durante aproximadamente unha hora na superficie.[5]

Aínda que a VEP non foi escollida finalmente para a súa realización na quenda de selección de 2007 por motivos programáticos, a misión EVE foi sinalada como punto de referencia útil para futuras misións[6].

Remove ads

Visión xeral

O concepto da misión precisa de dous satélites: o Venus Polar Orbiter (VPO), para a teledetección da atmosfera, e o Venus Elliptical Orbiter (VEO), que desprega a sonda de entrada desde unha órbita altamente elíptica. A sonda de entrada contería un globo-aerobot que flota en condicións benignas a 55 km de altitude na capa media de nubes, e deixaría caer até 15 microsondas á baixa atmosfera.[1] [5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads