Explorer 33
Satélite artificial científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Explorer 33, tamén coñecido como IMP-D (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform D) e como AIMP-1 (Anchored Interplanetary Monitoring Platform 1), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 1 de xullo de 1966 mediante un foguete Delta E desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]
Remove ads
Características
A misión de Explorer 33 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas, os campos magnéticos e os raios X solares a distancias lunares.[2][5][6]
A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de entre 2,2 e 3,6 segundos e co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. Explorer 33 foi inxectado nunha órbita inicial de 435.425 km de apoxeo e 15.900 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 28,69 graos e un período de 8540,0 minutos. Nos cinco anos de duración da misión tanto o perixeo como a inclinación orbital variaron substancialmente.[1][3][6]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads