Explorer 4
Satélite artificial científico estadounidense. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Explorer 4 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 26 de xullo de 1958 mediante un foguete Juno I desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][4]
Remove ads
Características
A misión de Explorer 4 foi estudar as partículas cargadas (protóns e electróns) atrapadas nos cintos de radiación terrestre. A bordo levaba dous tubos Geiger e detectores de cristais de ioduro de cesio, así como plástico de centeleo. Unha vez en órbita o satélite comezou a xirar descontroladamente, o que dificultou a interpretación dos datos dos contadores de radiación. O 3 de setembro de 1958 fallaron o detector de plástico de centeleo e o transmisor de baixa potencia. O transmisor de alta potencia fallou o 5 de outubro. Reentrou na atmosfera o 23 de outubro de 1959, tras 454 días en órbita.[1][2][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads