Explorer 47

Satélite artificial científico dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia

Explorer 47
Remove ads

Explorer 47, tamén coñecido como IMP-I ou IMP-7 (acrónimo de Interplanetary Monitoring Platform I ou 7), foi un satélite artificial da NASA lanzado o 23 de setembro de 1972 mediante un foguete Delta 1604 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

A misión de Explorer 47 foi estudar o plasma interplanetario, as partículas enerxéticas cargadas e os campos magnéticos a distancias lunares. A nave tiña forma de poliedro de 16 caras, cunha altura de 157 cm e un diámetro de 135 cm. A nave estabilizábazase mediante xiro, cun período de rotación de 1,3 segundos, co eixo de xiro perpendicular ó plano da eclíptica. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares que recubrían a superficie do satélite e que alimentaban unha serie de baterías. O satélite transmitía datos a unha velocidade de 1600 bps.[2][5][6]

Explorer 47 foi inxectado nunha órbita inicial de 235.639 km de apoxeo e 201.599 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 17,2 graos e un período de 17.702,1 minutos. Funcionou sen problemas ata que foi apagado o 31 de outubro de 1978.[1][3][6]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads