Lockheed F-94 Starfire
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Lockheed F-94 Starfire foi un avión á reacción de primeira xeración da Forza Aérea dos Estados Unidos. Foi desenvolvido a partir do bipraza Lockheed T-33 Shooting Star a finais dos anos 40 como un interceptor todo-tempo, tanto para uso diúrno como nocturno. O avión entrou en servizo operacional en maio de 1950 co Air Defense Command, substuíndo ao North American F-82 Twin Mustang de pistóns no papel de interceptor todo-tempo.
O F-94 foi o primeiro caza operativo da USAF equipado cun postqueimador e foi o primeiro caza todo-tempo a reacción en entrar en compate durante a Guerra de Corea en xaneiro de 1953. Tivo unha relativamente breve vida operacional, sendo substituído a mediados dos 50 polo Northrop F-89 Scorpion e o North American F-86D Sabre. O último avión foi retirado do servizo no ano 1959.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads