FC Auch

club de rugby francés da cidade de Auch From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Football-Club Auch é un equipo profesional de rugby francés da cidade de Auch (departamento de Gers).

Datos rápidos Nome, Fundación ...

Actualmente compite na ProD2, a segunda división do rugby francés. O club gañou a European Shield no 2005 e tamén foi campión da Segunda División profesional (chamada ProD2) en 2004 e 2007 a pesar de ter un dos presupostos máis baixos do rugby profesional galo.

Recentemente, o equipo estivo a cabalo entre a máxima categoría do rugby francés (o Top 14) e a ProD2. En cinco anos (entre as tempadas 2003-04 e 2007-08) ascendeu e descendeu catro veces.

Remove ads

Historia

O F.C. Auch foi fundado en 1891. Foi finalista do Challenge Yves du Manoir en 2001, perdendo a final fronte ao Montferrand (agora Clermont). Nos anos 2000 competiron na Segunda División do rugby francés, e na tempada 2002-03 chegaron ás semifinais para acadar a promoción, mais caeron fornte ao Montpellier. Á seguinte tempada acadaron o ascenso tras gañar na final da ProD2 ao Bayonne in the Pro D2 final.

Porén o equipo volveu descender á ProD2 a tempada 2005-06. O club chegou a proclamarse campión da European Shield, un torneo de repesca para os equipos eliminados na primeira rolda da European Challenge Cup nesa tempada. Gañaron ao equipo inglés dos Worcester na final.

Remove ads

Palmarés

Finais disputadas

Challenge Yves du Manoir

Data Campión Finalista Resultado Estadio
2001 Montferrand FC Auch 23-10 Francia

European Shield

Data Campión Finalista Resultado Estadio
23 de maio de 2005 FC Auch Worcester Warriors 23-10 Kassam Stadium, Oxford

ProD2

Data Campión Finalista Resultado Estadio
2004 FC Auch Bayonne 26-9 Francia

En 2007 acadou o ascenso directo.

Véxase tamén

Ligazóns

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads