Factor de crecemento de fibroblastos ácido
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O factor de crecemento de fibroblastos ácido (aFGF), tamén chamado FGF1 ou FGF-α é un factor de crecemento e proteína de sinalización codificado polo xene FGF1 do cromosoma 5 humano.[1][2] É sintetizado como un polipéptido de 155 aminoácidos, cuxa forma madura é unha proteína non glicosilada de 17-18 kDa. A proteína factor de crecemento de fibroblastos foi purificada primeiramente en 1975, pero pouco despois, usando diferentes condicións, illáronse o FGF ácido, o factor de crecemento de heparina 1 e o factor de crecemento endotelial-1.[3] A secuenciación dos xenes revelou que o FGF1 era un membro da familia de FGF de proteínas.
O FGF1 non ten unha secuencia sinal clara, polo que non é segregada a través das vías clásicas, pero non parece formar un dímero ligado por ponte disulfuro dentro das células, que se asocia cun complexo de proteínas na membrana plasmática (incluíndo S100A13 e Syt1) que despois axudan a pasala a través da membrana ata o exterior da célula.[4][5] Unha vez que está nas condicións redutoras dos tecidos circundantes, o dímero disóciase formando o FGF1 monómero que pode entrar na circulación sistémica ou ser secuestrado nos tecidos uníndose a proteoglicanos de heparán sulfato da matriz extracelular. O FGF1 pode despois unirse e exercer os seus efectos por medio de proteínas específicas receptoras do factor de crecemento de fibroblastos (FGFR), as cales constitúen unha familia de moléculas estreitamente relacionadas.[6]
Ademais da súa actividade extracelular, o FGF1 pode tamén funcionar intracelularmente. A proteína ten unha secuencia de localización nuclear (NLS), pero a ruta que segue o FGF1 para chegar ao núcleo non está clara e parece que cómpre que se una a algún tipo de receptor da superficie celular, seguido da súa internalización e translocación ao núcleo, onde pode interaccionar con isoformas nucleares de FGFR.[6] Isto é diferente do que ocorre co FGF2, que tamén pode activar os FGFR nucleares, pero que ten variantes de empalme da proteína que nunca abandonan a célula e van directamente ao núcleo.
Remove ads
Función
Os membros da familia do FGF posúen amplas actividades mitoxénicas e de supervivencia celular e están implicados en diversos procesos biolóxicos, como o desenvolvemento embrionario, crecemento celular, morfoxénese, reparación de tecidos e o crecemento e invasión tumorais. Esta proteína funciona como un modificador da migración e proliferación de células endoteliais, así como un factor anxioxénico. Actúa como mitóxeno para diversas células derivadas do mesoderma e neuroectoderma in vitro, así se pensa que está implicado na organoxénese. Describíronse tres variantes de empalme alternativo que codifican diferentes isoformas.[7]
O FGF1 é multifuncional e ten moitos efectos. Como exemplo, en ratos con diabetes inducida pola dieta, que é un equivalente experimental da diabetes de tipo 2 humana, unha soa inxección da proteína FGF1 é dabondo para restablecer os niveis de azucre do sangue ata uns valores saudables durante máis de dous días.[8]
Remove ads
Interaccións
O FGF1 presenta interaccións con:
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads