Facultade de Ciencias da Saúde da Coruña

centro de ensino da Universidade da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia

Facultade de Ciencias da Saúde da Coruñamap
Remove ads

A Facultade de Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña creouse no ano 2001 (DOG de 12 de decembro de 2001),[1] por transformación da Escola Universitaria de Terapia Ocupacional.

Datos rápidos Tipo, Parte de ...

A súa sede está situada no Campus da Coruña, no Hospital Marítimo de Oza.

Remove ads

Características

A Facultade conta cun sistema de garantía interna de calidade (SGIC), con obxecto de favorecer a mellora continua das titulacións impartidas, atendendo ao proceso deseñado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).[2] Nela inclúese o Departamento de Medicina.

Oferta formativa

  • Grao en Terapia Ocupacional, recoñecido en España como a titulación máis prestixiosa desta disciplina científica e a primeira en adaptarse aos ensinos do Espazo Europeo de Educación Superior.
  • Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria. Ofrece tres especialidades:
    • Reeducación Funcional, Autonomía Persoal e Calidade de Vida (presencial).
    • Fundamentos de Investigación Biomédica (presencial).
    • Investigación Clínica (presencial e on-line).
  • Máster Interuniversitario en Xerontoloxía Clínica, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (presencial).
  • Máster Interuniversitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia, en colaboración coa Universidade de Vigo (presencial e on-line).[2]

Os másteres están dirixidos a profesionais do ámbito das Ciencias da saúde e a outras afíns relacionadas coa asistencia e a investigación sanitaria. Constitúen o período de formación dos Programas de Doutoramento en Ciencias da saúde adscritos ao Departamento de Medicina.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads