Fagundo e Primitivo
mártires galaicos From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Fagundo[1] e San Primitivo viviron durante o século IV, na Gallaecia asturicense.[1] Eran fillos do centurión san Marcelo e irmáns xemelgos.[1] Os tres foron mártires durante os tempos do emperador romano Marco Aurelio.[1] Adoitan considerarse uns dos santos máis antigos do culto hispánico.[1] Do nome de San Fagundo deriva o nome da vila leonesa de Sahagún.[1]

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Fagundo.
Remove ads
Historia
Os datos históricos sobre estes mártires son confusos debido a que supostamente viviron entre os séculos III e IV. Crese que san Marcelo e santa Nonia eran os pais destes dous irmáns que viviron nos arredores do río Cea, situado na actual provincia de León.
Os testemuños conservados sobre a data do seu martirio difiren, dado que O Breviario de Sahagún dita que os feitos sucederon durante o reinado de Marco Aurelio entre os anos 161 e 180, cando Ático era cónsul en Hispania. Con todo un pergamiño do século XI sitúa o martirio no século III sendo cónsules en Hispania, Ático e Pretextato.[2]
Todos os testemuños recolleitos sobre o seu martirio concordan en que un día, o cónsul Ático, da gornición romana de Cea, mandou publicar un edicto polo cal todos os moradores daquelas comarcas debían ofrecer sacrificio a un famoso ídolo romano. Ao negarse os dous irmáns, dicindo que profesaban a relixión de Xesucristo, foron encarcerados. Os seus corpos foron guindados ao río. Enterráronos no mesmo lugar en que os atoparon e nel, máis tarde, haberían de edificarse o Mosteiro de san Fagundo e Primitivo, pertencente á Orde dos Bieitos, e a vila de Sahagún. Segundo a primeira Crónica anónima de Sahagún hai dous feitos haxiográficos. O primeiro é o martirio dos santos, e o segundo móstranos a liberación dun prisioneiro, por parte de Fagundo, nos tempos difíciles que seguiron a morte de Afonso VI.
Dende 1835, coa Desamortización, as súas reliquias pasaron a seren custodiadas na Igrexa de San Xoán de Sahagún, na citada vila, e tamén en Ourense.[3][4]
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa de San Fagundo de Cea
- Igrexa de San Fagundo de Busto, Lalín
- Igrexa de San Fagundo e San Primitivo, en Cisneros
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads