Falun Gong
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Falun Gong, en chinés 法輪功 ("Práctica da Roda da Lei"), é un grupo relixioso que se basea nun sistema que consiste en cinco exercicios de meditación, destinado ó cultivo da mente e do corpo. Foi introducido por Li Hongzhi en 1992.[1]

Dende o 20 de xullo de 1999, o Goberno da China prohibiu Falun Gong. A versión oficial é que o fixo porque mantiña actividades ilegais; segundo o propio grupo, o Goberno da China temía que a popularidade de Falun Gong puxese en perigo a estabilidade do réxime comunista no país. Occidente considera esta prohibición contraria ós Dereitos Humanos.[2]
O número de membros de Falun Gong antes da súa ilegalización oscilaba entre os 70 millóns (segundo o New York Times o 27 de abril de 1999) e os 100 millóns estimados polo Goberno chinés.[3][n 1]
Remove ads
Orixe
O 13 de maio de 1992, en Changchun, China, Li Hongzhi establecía a práctica dun sistema de cultivación do corpo e da mente mediante cinco exercicios de meditación. Durante tres anos, adicouse a ensinar estes exercicios; dende entón, este sistema esténdese grazas ó labor dos practicantes, moitos dos cales se dedican a ensinarllo a máis xente. A súa popularidade creceu moi rapidamente na China, e axiña se estendeu a outros países.[4]
Remove ads
Crenzas e ensinanzas

Falun Gong baséase na "Lei de Buda" que, segundo as súas ensinanzas (recollidas en dous libros escritos por Li Hongzhi: Falung Gong e Zhuan Falun), se pode resumir en tres palabras: sinceridade, bondade (ou compaixón) e tolerancia.[5]
Os cinco exercicios básicos
Son:
- O Buda das Mil Mans.
- A Postura de Pé Falun.
- Entrando nos dous Extremos Cósmicos.
- O Circuíto Divino Falun.
- A Meditación, sentado.
Remove ads
A prohibición de Falun Gong
Cando, en xullo de 1999, o Goberno chinés prohibiu Falun Gong, aínda se recordaba como, o 25 de abril dese mesmo ano, unhas 10.000 persoas da organización fixeron unha protesta fronte á sede central do Partido Comunista da China. Sospéitase que quizais isto tivo relevancia na decisión e que o Goberno temía que o grupo se fixese demasiado poderoso.[6]
A prohibición tivo numerosas repercusións internacionais, non só polo feito de non permitir ós cidadáns exercer a súa liberdade de pertencer a un grupo relixioso, senón porque moitos dos seguidores de Falun Gong foron sometidos a tortura, colleita de órganos e pena de morte.[7]
A controversia de Falun Gong, xunto coa referente á independencia do Tíbet e de Taiwán, é un dos asuntos máis espiñentos dentro da política chinesa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads