Farnesil pirofosfato

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O farnesil pirofosfato (FPP), tamén chamado farnesil difosfato ou pirofosfato de farnesilo, é un intermediario da vía da HMG-CoA redutase ou do mevalonato utilizado por moitos organismos para a biosíntese de terpenos, terpenoides, e esterois.

Datos rápidos Identificadores, Propiedades ...

Utilízase na síntese de CoQ (que forma parte da cadea de transporte electrónico), e é o precursor inmediato do escualeno (por medio do encima escualeno sintase), de deshidrodolicol difosfato (un precursor do dolicol, que transporta proteínas ao lume do retículo endoplasmático para a súa N-glicosilación), e de xeranilxeranil pirofosfato (GGPP).

Remove ads

Biosíntese

A farnesil pirofosfato sintase[1] (unha prenil transferase) cataliza as reaccións de condensación secuencial do dimetilalil pirofosfato con dúas unidades de isopentenil pirofosfato para formar farnesil pirofosfato, como se indica nas seguintes dúas reaccións:

  • O dimetilalil pirofosfato reacciona co isopentenil pirofosfato para formar xeranil pirofosfato:

Thumb

  • O xeranil pirofosfato despois reacciona con outras moléculas de isopentenil pirofosfato para formar farnesil pirofosfato

Thumb

Remove ads

Farmacoloxía

As reaccións anteriores son inhibidas polos bisfosfonatos[2] (utilizados na osteoporose).

A rabdomiólise inducida polas estatinas débese á depleción do farnesil pirofosfato na célula, que orixina unha depleción de coencima Q na cadea de transporte de electróns das mitocondrias, un orgánulo que se encontra en grandes cantidades nos miocitos.[3][4]

Compostos relacionados

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads