Feixe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Un feixe é un montón atado de herba, leña, palla etc. Tamén se coñece co nome de brazado, gavela, mollo ou simplemente lote.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Feixe (homónimos).
Etimoloxía
O termo vén do étimo latín: fascis, do que tamén deriva a verba galega facho.[2][3] Derivado deste termo, tamén se lle chama feixe a un grupo de cousas ou de persoas (fato) e en anatomía ao conxunto de fibras musculares ou nerviosas (tamén chamados 'fascículos').[4]
Os termos feixe na matemática e na física tamén derivan deste (un feixe de luz).
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads