Feliformes

From Wikipedia, the free encyclopedia

Feliformes
Remove ads

A dos feliformes, tamén chamados feloideos (Feliformia vel Feloidea), e unha das dúas subordes na que se adoita dividir a orde dos carnívoros que comprende os carnívoros con aspecto "felino", incluíndo os gatos (grandes e pequenos), as hienas, as mangostas, as civetas e outros taxons relacionados.[1]

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...
Thumb
Exemplos das familias de feliformes existentes: eupláridos, félidos, hiénidos, herpéstidos, nandiníidos e vivérridos.

On membros da suborde dos feliformes contrasta cos da outra suborde de carnívoros, a dos caniformia (Caniformia), que reúne aos carnívoros con aparencia de "cans".

Ambas as subordes comparten unha característica que distingue aos carnívoros do resto dos mamíferos: a presenza de catro dentes carniceiros, un en cada hemimandíbula, que é un molar ou un premolar modificado e que se utiliza para esgazar carne e triturar ósos.

A separación dos carnívoros nos dous grandes grupos de feliforms e caniforms é hoxe amplamente aceptada, así como o é a cateforización de ambos os grupos como subordes (aínda que algún autores os consideran ás veces como superfamilias). Con todo, a clasificación dos feliformes como parte da suborde Feliformia ou baixo outras distintas agrupacións segue evolucionando.

As clasificacións sistemáticas que se ocupan só dos taxa actualmente vivos inclúen a todos do feliformes na suborde dos Feliformia.[1][2]

Aínda que existen variacións na definición e na agrupación de familias e xéneros, as filoxenias moleculares suxiren, de feito, que todos os feliformes existentes son monofiléticos.[3]

As familias existentes na actualidade son as que aparecen na cadro de clasificación científica á dereita, e as opinións sustentadas neste artigo reflicten os puntos de vista máis contemporáneos e ben fundamentados no momento en que se escribiu.

As clasificacións sistemáticas que tratan tanto os taxa existentes como os extintos varían máis amplamente, segundo os autores,[4][5] Algúns autores separan certos feliformes (existentes e extintos) en grupos distintos, como por exemplo, a superfamilia dos Aeluroidea da suborde dos Feliformia.[5] Outros inclúen todos os feliformes (existentes, extintos e "posíbeis antepasados") na suborde dos Feliformia,[4] Porén, estudos recentes suxiren que esta inclusión de "posíbeis antepasados" en Feliformia (ou mesmo en Carnivora) pode ser falsa (Wesley-Hunt e Flynn 2005).[6]

Remove ads

Árbore filoxenética dos feliformes

   Feliformia   

Nimravidae

Stenoplesictidae

Percrocutidae

Nandiniidae

Prionodontidae

Barbourofelidae

Felidae

Viverridae

Hyaenidae

Herpestidae

Eupleridae

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads