Fernando Baiano

futbolista brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando Baiano
Remove ads

Joao Fernando Nelo, máis coñecido como Fernando Baiano, nado en São Paulo o 18 de marzo de 1979, é un futbolista brasileiro. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Mogi Mirim.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Dianteiro centro desde moi pequeno, comezou a xogar no Corinthians, onde en 1999 gañou o primeiro Mundial de Clubs. Despois fichou polo Internacional (2002), polo Flamengo (2003) e polo Wolfsburgo (2004); deixando ver en todos os seus novos equipos detalles de calidade.

Pero a súa definitiva afirmación tívoa no Málaga CF, onde marcou 9 goles en 17 partidos convertendo a un Málaga agónico nun equipo de media táboa. Ó final da tempada Fernando non renovou co Málaga e fichou polo Celta de Vigo logo de protagonizar unha longa negociación co Celta e Deportivo da Coruña durante todo o verán.

Tras dúas temporadas no Celta, nas que acadaría unha clasificación para a copa da UEFA e unha vez consumado o descenso do equipo vigués á Segunda División, Baiano fichou polo Real Murcia o 1 de agosto de 2007.

Alcume

Debe o seu alcume ó seu primeiro adestrador, que non acordándose do seu nome chamouno así "Ei, ti, o Baiano" pensando que a rexión da cal proviña era a de Baía. Non era así, pero o seu alcume nunca cambiou e para todos pasou a chamarse Fernando Baiano.

Remove ads

Palmarés

Campionatos nacionais

Campionato Paulista Corinthians Brasil 1999
Campionato Brasileiro de Fútbol Corinthians Brasil 1999

Copas internacionais

Título Equipo (*) País Ano
Copa Mundial de Clubs da FIFA Corinthians Brasil 2000

(*) Incluíndo a Selección

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads