Fernando Meirelles

director de cinema brasileiro From Wikipedia, the free encyclopedia

Fernando Meirelles
Remove ads

Fernando Ferreira Meirelles, nado en São Paulo o 9 de novembro de 1955 é un director, guionista e produtor brasileiro.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

O pai de Meirelles, José de Souza Meirelles, é un médico especialista en gantroenteroloxía que viaxaba regularmente a Asia e Norte América, o que deu a Fernando a oportunidade de contactar con diferentes culturas. A súa nai, Sônia Junqueira Ferreira Meirelles, é filla de granxeiros e traballou como paisaxista e deseñadora de interiores durante un longo tempo.

As súas primeiras experiencias co cinema foi co seu pai, que dirixiu filmes en 8 mm durante o seu traballo na universidade. En 1967, con once anos, Fernando pasou un ano en California, onde contactou co movemento hippie, que o impresionou. Con trece anos comezou a producir pequenos filmes en Super 8, inspirados polas animacións de Norman McLaren.

Durante a década de 1980 estudou na Escola de Arquitectura e Urbanismo da Universidade de São Paulo. O seu traballo de graduación foi feito en forma de filmes. Neses anos involucrouse tamén no cinema experimental, xunto cos seus amigos Paul Morelli, Marcelo Machado, Dário Vizeu e Bob Salatini. Os cinco fundaron a produtora independente Olhar Eletrônico. En 1982 realizaron programas infantís de televisión e a finais da década interesáronse na publicidade. En 1990 fecharon Olhar Eletrônico e abriron o negocio de publicidade O2 Films.

En 1997 Meirelles leu o libro de Paulo Lins Cidade de Deus e decidiu adaptala no filme realizado en 2002. Co éxito do filme conseguiu ofertas de Hollywood, conseguindo de novo boas críticas con The Constant Gardener.

Remove ads

Filmografía

Cinema

Máis información Ano, Título ...

Televisión

Máis información Ano, Título ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads