Ferroaliaxe

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ferroaliaxe
Remove ads

Ferroalixe ou ferroliga é o nome de variss aliaxes que conteñen ferro e outro metal, como níquel, cromo e outros elementos (como o silicio ou o carbono) en diversas proporcións. Estas aliaxes presentan propiedades superiores ás dos aceiros normais e, por iso, poden soportar requirimentos mecánicos e corrosivos extremos.

Thumb
Ferromanganeso carburado (C < 7,5 %), unha fonte de manganeso que se pode obter nun alto forno especializado.
Thumb
Ferrosilicio, produto tipico dos fornos eléctricos.

Úsanse durante os procesos de fabricación dos aceiros especiais. Cando o aceiro se encontra en estado líquido, adiciónanse as ferroaliaxes para mudar a composición do aceiro e dar unha característica especial a este.

As ferroaliaxes máis comúns son o ferromanganeso, o ferrosilicio e o ferrocromo. Cada elemento dá unha propiedade especial ao aceiro como o aumento da súa dureza, resistencia á corrosión, maior maleabilidade, etc.

Remove ads

Produción e utilización

Thumb
Ferrofósforo, utilizado como aliaxe en siderurxia.
Thumb
Ferrocromo.

Unha ferroaliaxe parécese máis a unha materia prima que a un produto acabado ou semiacabado. Xeralmente é un produto secundario da produción de metais non ferrosos; a súa pureza e a súa riqueza neste metal depende esencialmente do proceso de fabricación (xeralmente nun forno de arco eléctrico, pero tamén ás veces nun alto forno ou nun proceso de redución directa.[1][2]

É de notar, a este respecto, que en 2004 o número de fornos rotatorios de redución directa operativos no Xapón era: en Hyuga: 2; en Pamco 3; en Nippon Yakin (en Oheyama): 2.

Os fornos de Nippon Yakin foron construídos en 1939 e son os únicos que non están asociados a un forno eléctrico de fusión.[3]

As ferroaliaxes comercialízanse como 'ingredientes' para a obtención de aliaxes na siderurxia.

Utilízanse nas acerías, onde o seu contido en ferro confírelle a densiade necesaria para estar mergullado no aceiro líquido.

As súas cualidades son coidadosamente seleccionadas en función do contido en metais non ferrosos, das impurezas que o produto final pode tolerar, así como o seu custo.

Remove ads

Principais aplicacións

  • Industria automobilística;
  • Industrias eléctria e electrónica;
  • Intrumentos hospitalarios;
  • Induistrias química e petroquímica.

Ferroaliaxes comúns

  • Ferroaluminio
  • Ferrocromo
  • Ferromanganeso
  • Ferroniobio
  • Ferrosilicio
  • Ferrotitanio
  • Ferrovanadio
  • Ferrosilicomanganeso

Outras ferroaliaxes menos correntes

  • ferrofósforo
  • ferromolibdeno
  • ferroboro

Produción mundial

Por tipo de ferroaliaxe

Máis información Obtención en Alto forno, Obtención en Forno de arco eléctrico ...

Por procedemento

Thumb
Evolución da produción mundial de ferroaliaxes, por procedemento.
En rosa: ferroaliaxes producidas en forno eléctrico.
En azul: ferroaliaxes produicidas en Alto forno.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads