Festival Intercéltico de Lorient
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Festival Intercéltico de An Oriant (en bretón: Gouelioù Etrekeltiek An Oriant, en francés: Festival Interceltique de Lorient) é un festival de música celta que se celebra na cidade do mesmo nome, na Bretaña. O festival é un punto de encontro das nacións celtas, no que a cultura, música e tradicións dos diferentes países se dan cita. Ten lugar nos primeiros días de agosto e é o maior acontecemento destas características no mundo tendo unha duración de dez días.
Creouse en 1971 para acoller a competición nacional de bagad. Nos anos seguintes, deveu nun festival do interceltismo para diferenciarse doutros festivais semellantes da rexión. A partir de finais da década de 1990 converteuse nun dos festivais de música máis importantes de Francia por número de visitantes, acollendo a máis de 800 000 persoas e con 115 000 entradas vendidas no 2010.
A programación do festival está enfocada a concertos, espectáculos e danzas. Tamén é a sede de competicións musicais, como o campionato nacional de bagad, de bailes como os da federación War 'l leur. Tamén se organizan outros eventos como desfiles e actividades culturais. Ten unha importante influencia no territorio, tanto no eido económico coma no eido dos medios. O festival funciona como un actor cultural, permitindo a creación e a difusión da cultura da Bretaña e das nacións celtas.
As nacións participantes son: Irlanda (Éire), Escocia (Alba), Bretaña (Breizh), Gales (Cymru), illa de Man (Mannin), Cornualla (Kernow), Galicia e Asturias (Asturies). Dende o ano 2000, nomeado Ano do mundo celta vense engadindo representacións de países con forte emigración dos países celtas como EEUU, Australia, Nova Zelandia, Arxentina, México, e até Romanía e Italia.
Unha particularidade do festival é que cada ano está adicado a un país celta do mundo sendo en 2007 o ano de Escocia, o 2006 o de Australia e o 2005 o de Irlanda. No 2008 estivo adicado a Gales, no 2009 a Galicia e no ano 2010 á Bretaña.
O director artístico do festival é dende 2007 Lisardo Lombardía, que substituíu a Jean Pierre Pichard, creador do festival.
Remove ads
Escenarios

O festival ten varios escenarios principais pero trátase dunha manifestación tamén rueira. Durante os días que dura o festival a cidade enteira convértese nun escenario xa que é doado ver por diferentes sitios aos grupos actuando xa sexa na zona das tendas dos diferentes países, na rúa ou en bares.
Para os eventos máis formais emprégase o Palais de Congrès, Grand Théâtre ou Eglise Saint Louis.
Para os eventos máis multitudinarios emprégase o Parc de Moustoir, estadio de fútbol do Lorient F.C. cunha capacidade de 10.000 espectadores.
O Port de Pêche (Porzh Pesketa) é a zona do porto e é outro dos escenarios utilizados.
En total móntanse arredor de vinte escenarios por toda a cidade.
Remove ads
Programación
Eventos
O festival compóñeno 4.500 artistas cantantes, bailaríns, artistas plásticos, universitarios e cineastas, de Escocia, Irlanda, País de Gales, de Cornualla, Illa de Man, Galicia, Asturias, a Bretaña, os Estados Unidos, o Canadá, Australia etc... Sendo visitado por 650.000 persoas[1]
- A Cotriade ou Kaoteriad é o comezo do festival, consiste nunha comida de peixe cociñado ao estilo bretón que se celebra no Port de Pêche. Esta comida é acompañada por música tradicional mariña bretoa.
- A Nuit Magique celébrase no estadio da cidade. Os grupos van saíndo ao escenario do centro facendo unha pequena función, rematando a noite todos xuntos no escenario do centro do estadio con fogos artificiais.
- La Grande Parade das nacións celtas é un desfile que se efectúa polas rúas da vila na que os grupos de música e baile desfilan polas rúas cos seus traxes típicos. Celébrase o domingo pola mañá e participan uns 3.500 músicos, cantantes, bandas de gaitas e grupos de baile.
- Campionato nacional de Bagadoù, trátase das finais e teñen lugar no Parc de Moustoir durante a primeira fin de semana do festival. Trátase dunha competición entra bandas de gaitas bretoas.
- Durante tódalas mañá do festival celébranse clases de arpa, acordeón, gaitas etc.
- Durante a tarde efectúanse centos de actuacións de música tradicional, folk ou baile.
- A Nuit de Port de Pêche, o derradeiro sábado do festival é unha grande representación de música da Bretaña tanto tradicional como moderna.
- Marché Interceltique ou Marc’had Etrekeltiek, é o mercado que durante todo o festival celébrase na cidade e na que se venden obxectos tradicionais de cada zona como pode ser bebida, música, comida, roupa, libros etc.
- Neste evento outórgase o Trofeo MacCrimmon de Gaita, antes denominado Macallan, considerado como o premio máis prestixioso de gaitas galegas e asturianas.
País de honra
Cada ano dende 1994 unha nación celta é honrada. Galicia foi a primeira en verse beneficiada por este sistema de recoñecemento e distinción anual.[19] Dende 1998, que foi o ano de Asturias, a delegación convidada dispón dunha carpa propia, ademais dunha visibilidade máis importante dentro da promoción feita polo festival.[20]
Os países convidados son responsables da organización e do financiamento deste espazo, que dobra a maioría das veces o orzamento asignado á súa representación no festival. O Goberno de Escocia desembolsou uns 450 000 euros na súa carpa no ano 2007[21] e Acadia contou na edición de 2012 con 400 000 euros, dobrando os seus gastos anuais habituais.[22]
Remove ads
Artistas participantes en diferentes edicións
- Artigo principal: Lista de grupos que participaron no Festival de An Oriant.
- Catrin Finch
- Moving Hearts
- Iwan B
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads