Fibrose
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A fibrose[1] é a formación ou desenvolvemento en exceso de tecido conectivo fibroso nun órgano ou tecido como consecuencia dun proceso reparativo ou reactivo, en contraposición á formación de tecido fibroso como constituínte normal dun órgano ou tecido. A fibrose prodúcese por un proceso inflamatorio crónico, o que desencadea un aumento na produción e deposición de matriz extracelular.
A fibrose dáse con maior frecuencia no corazón, o pulmón, o peritoneo e o ril.
Algunhas doenzas son:
- Fibrose quística do páncreas e pulmóns.
- Fibrose endomiocárdica, miocardiopatía idiopática.
- Cirrose, unha fibrose de fígado.
- Fibrose pulmonar idiopática do pulmón.
- Fibrose mediastínica.
- Fibrose masiva progresiva, unha complicación da pneumoconiose en traballadores das minas de carbón.
- Fibrose proliferativa.
- Tuberculose (TB) pode causar fibrose do pulmón.
- Distrofia muscular de Duchenne.
- Periodontite crónica.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads