Ficoeritrocianina
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A ficoeritrocianina é un tipo de ficobiliproteína, unha cromoproteína captadora de luz de cor maxenta que intervén na fotosíntese dalgunhas cianobacterias. Esta cromoproteína consta de dúas subunidades alfa e beta, xeralmente agregadas formando un hexámero, que contén pigmentos de tipo ficobilina, que poden ser ficoviolobilina violeta (na alfa-ficoeritrocianina unida covalentemente ao residuo Cys-84), ou dúas ficocianobilinas azuis (na beta-ficoeritrocianina, que están unidas covalentemente a Cys-84 e Cys-155). A ficoeritrocianina é similar á ficocianina, un importante compoñente do complexo captador de luz (ficobilisoma) das cianobacterias e algas vermellas.
Mentres que a proteína ficocianina leva unido covalentemente o pigmento ficocianobilina, producindo un máximo de absorción de arredor de 620 nm, a proteína ficoeritrocianina contén tanto o cromóforo ficoviolobilina coma dous cromóforos de ficococianobilina[1], o que fai que o seu máximo de absorción sexa de arredor de 575 nm. Como tanto a ficoeritrocianina coma a ficocianina teñen unha ficocianobilina que actúa como aceptor terminal da transferencia de enerxía, presentan fluorescencia arredor de 635 nm, que é absorbida polas aloficocianinas que teñen unha absorción máxima de arredor de 650 nm e unha fluorescencia máxima de arredor de 670 nm. Finalmente, a enerxía da luz absorbida pola ficoerotrocianina transfírese ao centro de reacción fotosintético.
Nun estudo realizado con 240 cepas de cianobacterias atopouse que ningunha das cepas sintetizaba á vez ficoeritocianina e ficoeritrina e que a ficoeritrocianina estaba fundamentalmente restrinxida ás cepas que formaban heterocistes, o cal pode ter utilidade taxonómica.[2] Noutro experimento estudouse a síntese da subunidade alfa da ficoeritrocianina, introducindo o seu xene en plásmidos de Escherichia coli.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads