Filipe Apóstolo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Filipe Apóstolo, nado a finais do século I antes de Cristo ou a principios do século I era oriúndo de Betsaida. É o apóstolo, elixido como tal por Xesús de Nazaret, que aparece sempre en tódalas listas en quinto lugar.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |

Remove ads
Traxectoria
Pescador no lago de Xenesaret, fíxose discípulo de Xoán o Bautista círculo dentro do cal coñeceu a Xesús. Xunto con André Apóstolo era o único dos mesmos que tiña un nome grego, facendo de interlocutor de xentes desa fala que querían coñecer ao seu mestre. Levou a Natanael ao grupo de discípulos. Por indicación de Xesús predicou en Galilea o Reino de Deus e o amor ao inimigo. No Evanxeo de Xoán, durante a derradeira cea, pídelle a Xesús que lles amose ao Pai, recibindo a contestación deste: quen me ve a min, ve ao Pai
Segundo a tradición, tras a resurrección de Xesús, predicou a Boa Nova en Frixia. Padeceu o martirio cravado nunha cruz e lapidado. Algunhas das súas reliquias dise que están na igrexa de Doci Apostoli en Roma
Remove ads
Significación
O evanxeo apócrifo de contido gnóstico, Evanxeo de Filipe, atribúeselle á súa autoría. É o patrón de Luxemburgo e Brabante.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Filipe Apóstolo ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads