Aleteo de tiburóns

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aleteo de tiburóns
Remove ads

Denomínase aleteo de tiburóns (do inglés shark finning) ou simplemente aleteo (finning) á práctica pesqueira que consiste en atrapar tiburóns, cortarlle as aletas e devolvelos mutilados e vivos ao mar, onde inevitabelmente morrerán por asfixia —ao non poderen nadar e conseguir a circulación de auga polas súas branquias—, desangrados ou devorados por outros peixes.[1]

Thumb
Axente da Garda Costeira (NOAA) revisando aletas de tiburón confiscadas.
Thumb
Poxa de quenlla (Prionace glauca) no porto de Vigo.
Remove ads

Efectos sobre as especies

Estudos da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e de organizacións conservacionistas independentes, estiman que cada ano se capturan entre 100 e 150 millóns de tiburóns. Os tiburóns son presa dos barcos pesqueiros pola crecente demanda de subprodutos (en particular as súas aletas), para o mercado asiático e os restaurantes asiáticos de todo o mundo. A súa demanda para a sopa de aleta de tiburón, de cartilaxe para produtos farmacéuticos —non só da medicina tradicional chinesa—, están provocando unha verdadeira catástrofe ecolóxica para este grupo de peixes. Por iso, o prezo das aletas das especies máis solicitadas pode alcanzar os 600 euros/kg.

Nas últimas décadas moitas especies de tiburóns pasaron a estar ao bordo da extinción debido á sobreexplotación pesqueira non sustentábel e, en particular, pola práctica do finning, que é ilegal en case todo o mundo (a Unión Europea, que xa a prohibira de forma xeral en 2003, recentemente prohibiu tamén as excepcións permitidas ás frotas pesqueiras españolas e portuguesas)".[2][3]

As poboacións de tiburóns diminuíron nalgunhas especies nun 90 %.[1] Este declive é máis perigoso para a supervivencia destes peixes debido ás características ecolóxicas dos escualos que os fai moi vulnerábeis á súa captura en masa; trátase de animais que medran lentamente, a súa maduración sexual prodúcese ao cabo de bastantes anos e teñen pouca descendencia.[1]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads