Quenlla
especie de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A quenlla[2] (Prionace glauca) é unha especie de elasmobranquio da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), familia dos carcarrínidos (Carcharhinidae).
É un tiburón peláxico e cosmopolita, que se distribúe por todos os océanos e mares do mundo.
Remove ads
Anatomía
A quenlla é un tiburón de corpo alongado e estilizado, cun fociño comprimido, longo e cónico. Ten os ollos grandes que, ao igual que todos os carcarriniformes, están provistos dunha membrana nictitante, unha pálpebra semitransparente que se move de arriba a abaixo e protexe os globos oculares cando o animal loita coa súa presa.
Ten cinco fendeduras branquiais, dúas aletas dorsais, dúas pectorais, dúas anais e unha caudal. As aletas pectorais son moi longas e estreitas, en forma de gadaña, a primeira dorsal está situada moi atrasada e a aleta caudal está provista dun lóbulo superior moi alongado, presentando unha crista dérmica delgada nos lados do pedúnculo.
Os dentes, que caen e son substituídos constantemente, son triangulares, serrados nos bordos, recurvados no maxilar superior e máis estreitos no inferior.
A súa coloración é azul escura no dorso, cos costados de cor azul máis viva e branca na rexión ventral.
Ten unha lonxitude media de 2,5 m (máximo, 4 m, nas femias), cun peso medio de 80 kg, aínda que rexistraron casos de femias adultas de até 220 kg.[3]
Como particularidade cabe destacar que, dada a lonxitude do seu nariz, a mandíbula adaptouse para poder morder sen problemas, polo que a parte superior da mandíbula pode proxectarse cara a adiante, de tal xeito que para morder o peixe no necesita levantar a cabeza.

Remove ads
Hábitat e bioloxía
É unha especie peláxica de superficie, tanto de mar a fóra como das zonas costeiras, nadando só ou en grupos por augas frías, de entre 7 e 16 °C, aínda que tolera os 21 °C ou máis. Os individuos da poboación segréganse por idades e sexos. De costumes nocturnos, é un migrante moi activo. Aliméntase principalmente de pequenas presas: peixes como xardas, arenques, pequenos meros, xurelos, bonitos, gádidos, e tamén de luras e aves mariñas.
Normalmente caza en parella ou en grupos pequenos para axudar a dispersar os cardumes. Na busca de alimento pode percorrer grandes distancias; estímase que pode percorrer distancias de até 5 500 km.[Cómpre referencia]
Pode ser agresivo cos humanos se se sente ameazado. [Cómpre referencia]
Remove ads
Reprodución
A quenlla é un peixe vivíparo. A madurez sexual alcánzase entre os 5 e 6 anos nas femias (cando miden de 1,73 a 2,21 m) e os 4 e 5 nos machos (ao alcanzaren uns 1,80 m) A fecundación ten lugar dentro do corpo da femia, á que o macho fecunda grazas a un par de aletas pelvianas especiais transformadas chamadas pterigópodos. As femias posúen dous úteros en lugar dun, dentro dos cales se desenvolven entre 4 e 135 crías que, ao naceren, miden aproximadamente de 35 a 44 cm de lonxitude.[3]
A xestación dura entre 9 e 12 meses. As quenllas son completamente independentes ao naceren e instantaneamente buscan refuxio dos depredadores, entre eles os seus propios pais (aínda que ao igual que noutras especies de tiburóns vivíparos, as femias perden o apetito pouco antes de parir, para evitar devorar aos seus propios fillos). Cando as crías nacen aínda teñen o seu saco vitelino, que se vai reabsorbendo pouco tempo despois.
Poboación e estado de conservación
Ao ser a quenlla un tiburón de costumes oceánicos e migratorios, calquera cálculo que se faga sobre a súa poboación é pouco fiábel. Aínda así, considérase, baseándose en estimacións sobre a súa pesca deportiva, que debe encontrarse nun risco baixo de extinción. Porén, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) difire e incluíuna na súa lista vermella de especies ameazadas na categoría NT (risco baixo).[4]
A pesar da non moi alta calidade da súa carne (non así das aletas, moi estimadas; nos mercados asiáticos péscase activamente). A quenlla captúrase principalmente con palangres, pero tamén con artes de arrastre. As aletas aprovéitanse para facer a famosa sopa de aleta de tiburón e os esqueletos das mandíbulas véndense como ornamento.
- Véxase tamén: Tiburóns#Sobrepesca de tiburóns.

Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads