Flevopolder
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Flevopolder é unha superficie de varios pólders en terras gañadas ao mar situada na provincia de Flevoland nos Países Baixos. Flevopolder componse de dous pólders, o pólder meridional (Zuidelijk) drenado e construído en 1968 e o oriental (Oostelijk) finalizado antes en 1955. A diferenza doutros pólders, Flevopolder está rodeado completamente por auga, polo cal pode dicirse que é unha illa, ás veces é considerada a illa artificial máis grande do mundo.[1] Flevopolder xunto co Noordoostpolder, forman a provincia de Flevoland xa que esta está feita enteiramente de pólders.

Remove ads
Nome
O nome de "Flevopolder" tómase do antigo lago Flevo que foi secado enteiramente pola construción de terras gañadas ao mar. Actualmente o Flevopolder sitúase nunha gran parte do orixinal lago Flevo.
Fontes fluviais
Flevopolder está completamente rodeado por auga, bañado polos lagos de Ketelmeer, Vossemeer, Drontermeer, Veluwe, Wolderwijd, Nuldernauw, Nijkerkernauw, Eemmeer, Gooimeer, Markermeer, IJmeer e o IJsselmeer
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads