Fobos 2
sonda soviética a Marte From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Fobos 2 foi unha sonda espacial soviética lanzada cara Marte o 12 de xullo de 1988 mediante un foguete Proton K/D-2 desde o cosmódromo de Baikonur.[1][2][4][5]
Remove ads
Características
Fobos 2 foi unha sonda espacial soviética que, xunto coa súa case xemelga Fobos 1, foi enviada a estudar Marte e o seu satélite Fobos. Sucesoras das sondas Vega 1 e Vega 2 destinadas a estudar Venus, os obxectivos das sondas Fobos era estudar a contorna interplanetaria, o Sol, o plasma nas proximidades de Marte, estudar a superficie e atmosfera do planeta e estudar a composición superficial de Fobos. Ambas sondas contaron con colaboración internacional, con 14 países contribuíndo con experimentos ou infraestrutura.[1][2][4][5]
A sonda estaba composta por unha sección principal presurizada con forma de toro que contiña a electrónica da nave, rodeando un módulo cilíndrico coa instrumentación científica e, por debaixo do conxunto, catro tanques esféricos de hidracina para a propulsión e o control de actitude, formado por 28 propulsores: 24 cun impulso de 50 N e catro de 10 N. Ademais cada sonda levaba unha subsonda que tería que ser soltada na superficie de Fobos para estudiala, e Fobos 2 levaba un pequeno aterrizador que sería capaz de saltar entre varios puntos da lúa.[1][2][4][5]
A sonda entrou en órbita de Marte, recollendo datos científicos, pero na súa aproximación final cara Fobos perdeuse o contacto coa nave e nunca se chegou a recuperar. A investigación apuntou a un problema do ordenador de a bordo como causa do fallo da misión.[1][2][4][5]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads