Foolish

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Foolish é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Superchunk, publicado o 19 de abril de 1994 a través do selo Merge Records. O disco foi gravado entre o 30 de novembro e o 2 de decembro de 1993 nos Pachyderm Studios por Brian Paulson, e foi mesturado pola banda e Paulson no estudio caseiro de Steve Albini.[1]

Datos rápidos Álbum de Superchunk, Publicado ...

A portada está acreditada á baixista da banda, Laura Ballance. Ballance dixo que aínda que a pintura xerara moita especulación sobre o seu significado máis profundo, fora sinxelamente un intento "sen practicar" de facer unha portada como as de American Music Club. Ela era a único modelo que tiña dispoñible e o coello morto foi engadido despois de que vise a a película de Michael Moore Pets or Meat.[1]

Foolish completouse pouco despois de que Ballance e o guitarrista e cantante Mac McCaughan rompesen a súa relación. Aínda que para Ballance é o seu terceiro álbum favorito do catálogo da banda, dixo que, "....xirar para Foolish foi moi duro. Escoitar esas palabras cada noite e sentirse tan muda. Non cheguei a dicir nada, e aquí dicíao todo.Estaría alí enriba saltando cara arriba e abaixo coas bágoas que me corrían pola cara".[1]

Remove ads

Listaxe de cancións

Máis información N.º, Título ...
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads