Forcada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Unha forcada é un apeiro agrícola formado por un mango longo rematado en entre tres e seis gallas garruchas e longas, amplamente separadas e cos extremos punzantes.[1] Estas gallas adoitan ser redondas e finas, mais tamén poden ser planas, como as do raño ou a picaña. As forcadas tradicionais eran completamente de madeira, feitas aproveitando unha póla de árbore que se separase en tres a partir dun mesmo nó. Na actualidade, os dentes son metálicos e dispóñense en paralelo.

Esta ferramenta adoita usarse para levantar e transportar materiais a eito como palla, follas mortas, esterco etc.
Remove ads
Sinonimia
En galego existen numerosos sinónimos para designar este apeiro: colmeira,[2] forca,[3] forcado,[4] forcanza,[5] forquita[6] (cando é pequena, con dous gallos), furquito, galleta,[7] galleto,[8] gancha,[9] benlo ou guita.[10]
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads